International Luxemburgist Forum - Foro Luxemburguista Internacional - Forum Luxemburgiste Intl

Would you like to react to this message? Create an account in a few clicks or log in to continue.
International Luxemburgist Forum - Foro Luxemburguista Internacional - Forum Luxemburgiste Intl

Forum for those in general agreement with the ideas of Rosa Luxemburg.
Foro para aquellos que tienen un acuerdo general con las ideas de Rosa Luxemburgo.
Forum pour ceux qui ont un accord général avec les idées de Rosa Luxembourg.

Translations

Similar topics

    Log in

    I forgot my password

    Navigation

    Latest topics

    » Carta abierta a Extinción Rebelión - Open Letter to Extinction Rebellion
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySun Jun 02, 2019 3:20 am by luxemburguista

    » Frente Anticapitalista Verde: Manifiesto - Green Anti-Capitalist Front: Manifesto
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySat Jun 01, 2019 11:11 am by luxemburguista

    » Las ideologías identitarias: La trampa de la diversidad
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptyWed May 29, 2019 11:44 am by luxemburguista

    » 1 de Mayo: Viva la lucha de la clase obrera
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySun Apr 28, 2019 3:47 am by luxemburguista

    » Campaña de la CGT contra la ley de mutuas
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySun Apr 28, 2019 3:40 am by luxemburguista

    » Rosa Luxemburg: la llama ardiente de la revolución
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptyTue Mar 26, 2019 12:46 pm by luxemburguista

    » Al fascismo no se le combate votando
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySat Mar 23, 2019 2:22 am by luxemburguista

    » A Green New Deal vs. Revolutionary Ecosocialism
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySat Mar 09, 2019 4:33 am by luxemburguista

    » La era del pánico climático está aquí
    crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis EmptySat Mar 02, 2019 5:44 am by luxemburguista

    Who is online?

    In total there are 24 users online :: 0 Registered, 0 Hidden and 24 Guests

    None


    [ View the whole list ]


    Most users ever online was 368 on Sun Feb 19, 2012 3:15 am

    Statistics

    Our users have posted a total of 4435 messages in 1437 subjects

    We have 198 registered users

    The newest registered user is parislima


      Manifestación en Vigo contra la crisis

      avatar
      albesias


      Number of posts : 65
      Registration date : 2008-08-14

      crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis Empty Manifestación en Vigo contra la crisis

      Post  albesias Thu Dec 11, 2008 7:05 am

      Manifestación 16/12/08 en Vigo "Este Sistema Non Nos Serve!!!"

      MOBILÍZATE CONTRA A CRISE EO SISTEMA QUE A PROVOCA, O MARTES 16 DE DECEMBRO, ÁS 20 HORAS, DESDE VÍA NORTE.

      Convocan: CXT, Plataforma Contra a Autovía de Redondela, Verdegaia, Ateneo Libertario Lume Negro de Ponteareas e Precarias En Loita.

      Manifesto Conxunto

      Hai xa case un ano o ministro de economía, Pedro Solbes, e a totalidade do goberno do Estado negábanse a pronunciar a palabra crise; sen embargo, dende hai uns meses, este temor é o máis repetido nas noticias, nos faladoiros das radios e televisións e mesmo nas nosas conversas. Pero, cando nos falan e falamos de crise, de que estamos a falar?

      Por unha banda o colapso dun sistema financeiro mundial que acumulou xigantescos beneficios grazas ás políticas especulativas, e por outra banda a situación da clase obreira que xa antes desta crise atopábase con grandes dificultades: salarios que non chegan aos mil euros, salarios que perden poder adquisitivo progresivamente (un 5% nos dous últimos anos), un 20% da poboación por baixo do limiar da pobreza, precariedade no emprego como feito habitual, porcentaxes de paro nos niveis dos anos 80...

      Esta situación xa existía con anterioridade a esta fase da economía capitalista que o poder económico, e os seus lacaios políticos, chaman crise. Dende os anos 90, e como consecuencia do ultraliberalismo aplicado nos anos 80, os “intelectuais” do capitalismo, veñen anunciando o fin da historia e a chegada do sistema perfecto; un sistema que deron en chamar globalización. A día de hoxe quedou demostrado que a historia non chegou ao seu fin, que o capitalismo é o sistema que ten que desaparecer, que a globalización non era máis que un eufemismo para non chamar polo seu nome ao imperialismo capitalista... quedou demostrado que ¡¡ O SISTEMA NON SERVE!!

      O que eles chaman crise non é máis que un estancamento do consumo, o pobo traballador xa non pode absorber todas as mercadorías, non ten xa de onde sacar recursos para manter as marxes de beneficio do capital. O salario real dos traballadores e traballadoras chegou a mínimos tan ridículos que non poden manter as esixencias destes piratas. Que se lles ocorre para saír do labirinto aos poderes económicos? Pois que sexan os traballadores e traballadoras os que poñamos da nosa parte para solucionar os problemas dos bancos, multinacionais e grandes empresas. En primeiro lugar máis contención salarial, e en segundo lugar xeneralización dos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs) coa complicidade do sindicalismo vendido ao poder. Pero tamén pretenden apoiarse no expolio do territorio entendido como novo xerador de riqueza, mediante a chegada da alta velocidade e a aposta pola construcción de grandes infraestructuras, ou a farsa da sustentabilidade cando a industria e o transporte seguen a resultar tan contaminantes coma sempre apoiados nos combustibeis fósiles. Igualmente non dubidan en aforrar recortando axudas sociais e privatizando servizos, nun momento no que proliferan todo tipo de males propios das sociedades chamadas modernas, ben en forma de pobreza ben en forma de exclusión social.

      O goberno do estado español aprobou un paquete de medidas para “solucionar a crise”: 30.000 millóns de euros, ampliables a 50.000, para comprar activos financieiros e darlle liquidez aos bancos; creación dun fondo de avais de 100.000 millóns de euros para que afronten os malos tempos, e finalmente o pago das hipotecas dos parados durante dous anos. Esta última medida é un exemplo máis do cinismo que rodea a estes cínicos: non se trata de renegociar a hipoteca dos traballadores que pola crise non poden afrontar os pagos, non, trátase de que será o estado quen corra cos pagos ás entidades bancarias e, pasados dous anos, comezará a recuperar os cartos volvéndolle a cobrar aos traballadores. Conclusión: a banca provoca a crise, os traballadores lle deixan os cartos sen interese algún para que manteñan a súas ganancias, e cando os traballadores non teñan para comer os bancos lle deixan cartos que terán que devolver con intereses asfixiantes. O ladrón nos rouba e logo lle deixamos as chaves da casa para que volva.

      Pero aínda hai máis, nesta situación, o goberno español propón uns orzamentos para o 2009 nos que aumentan ata 49,5 millóns de euros os gastos de presidencia de goberno, nos que aumenta nun 4,5% o presuposto da Casa Real, onde aumenta o 24,5% os gastos para partidos políticos e onde o IRPF ás grandes empresas baixa un 30%.

      Non somos nós os responsábeis desta situación que vimos sufrindo dende hai anos, con moita máis gravidade dende a entrada do euro e a consecuente inflación. Por que temos que pagala nós? Fronte a estas políticas de apoio a grandes empresas e banca cos nosos cartos, fronte a pasividade da autoridade laboral ante a declaración de EREs para aumentar os beneficios das empresas (non para reducir perdas) só cabe a denuncia e a mobilización.

      NON SEXAS CÓMPLICE DESTE ENGANO,
      avatar
      albesias


      Number of posts : 65
      Registration date : 2008-08-14

      crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis Empty Re: Manifestación en Vigo contra la crisis

      Post  albesias Tue Dec 16, 2008 3:56 pm

      Salimos de via norte poco después de las ocho de la tarde, al frente, una pancarta que ponía "este sistema non nos sirve, folga xeral" llevada por un representante de cada uno de los colectivos organizadores. Bien de gente, a ojimetro no sé calcular, diría que entre 100 y 250 personas. Fuimos hasta a praza da estrela dónde se leyó el manifiesto de la convocatoria y anunciaron próximas movilizaciones.crisis - Manifestación en Vigo contra la crisis Mini11

        Current date/time is Fri Apr 26, 2024 7:08 pm